XUNTANZA DO EQUIPO TÉCNICO DO PROGRAMA LEADER COS TÉCNICOS LOCAIS DE EMPREGO DA COMARCA


O xoves 21 de maio de 2009 o equipo técnico do Programa Leader ten mantido no Edificio Sociocultural de “A Senra”, unha xuntanza cos técnicos e técnicas locais de emprego da comarca, co obxectivo de informar sobre todas as novidades respecto ó lanzamento do Programa LEADER.

Á reunión asistiron os técnicos e técnicas dos Concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne e Sada, así como a Axente de Emprego da Asociación Terra das Mariñas e un técnico da Fundación Comarcal de Betanzos.

Dende o equipo técnico se lles propuxo traballar en rede, baseándose principalmente en que a oficina máis próxima e de referencia para os potenciais promotores do Programa LEADER está na Axencia de Desenvolmento Local de cada concello.

Os puntos a destacar que se trataron foron os seguintes:

1. Novidades respecto ó Programa LEADER

  • Presentación equipo técnico Programa LEADER
  • Apertura prazo para a presentación de proxectos do Programa LEADER
  • Información sobre o cadro financeiro do Programa LEADER do GDR “Mariñas – Betanzos”
  • Principais obxectivos do traballo a realizar dende o equipo técnico
  • Proxectos de cooperación
  • Reunións difusión Programa LEADER

2. Outros Programas do territorio:

  • Leader
  • Plan de Dinamización do Produto turístico
  • Programa Mandeo
  • Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro”
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s